Novo club de lectura sobre ciencia

ClubeLecturaSalva

O vindeiro mes de setembro botará andar Biblosbios, un club de lectura centrado en libros de divulgación científica relacionada coa Bioloxía. Pretende ser un punto de encontro para persoas con capacidade para o asombro e curiosidade polo mundo no que vivimos, sen necesidade de seren especialistas. Estará a cargo de Salvador Fojón, doutor en Medicina, especialista en Medicina Interna e Intensiva e Licenciado en Ciencias Biolóxicas. Haberá unha xuntanza mensual, o penúltimo martes de cada mes, a partir das 19.30 horas. Se desexa participar, pode comunicárnolo a través de Instagram, ben por correo electrónico (librariabiblos@biblosclube.com) ou ben chamando ao 981771816.

Compártelo en las redes

Deixa un comentario