José Ignacio Carnero indaga no secuestro do Santa María en “Os fabuladores”

Jose Ignacio Carnero presentación libro

Secuestrar un barco, navegar rumbo a África, sublevar as colonias e despois levar a insurrección á península. Este era o plan cando na madrugada do 22 de xaneiro de 1961, vinte e catro exiliados españois e portugueses decidiron facerse co trasatlántico “Santa María” para denunciar as ditaduras de Franco e Salazar.

Quen eran as persoas que estaba á frote da operación é a pregunta á que José Ignacio Carnero responde na súa novela “Os fabuladores” (publicada en galego por Aira e en castelán por Penguin Random House), que en xuño presentou na libraría Biblos de Betanzos, acompañado por Tucho Calvo.

Detrás están anos de investigación, ducias de entrevistas a miles de quilómetros, e unha gran fascinación por esta historia e polos seus actores principais: o portugués Henrique Galvão, un militar, un cazador de elefantes, un aventureiro, e os galegos José Fernández, un home de acción que se fai chamar comandante Sotomayor, e Pepe Velo, un mestre, un poeta.

A novela vai moito máis alá da crónica do secuestro, para rozar o tratado sobre onde están os límites da mentira e da fabulación, e sorprende cun xiro no relato dos feitos reais que eleva definitivamente a Sotomayor ao rango de protagonista da obra.

Compártelo en las redes

Deixa un comentario