Feminismo

“Coñecer o feminismo comezou a darme as respostas e salvoume, sen dúbida, de morrer afogada dentro de min mesma”. Quen así se pronuncia é Miriam Couceiro Castro (Ordes, 1985) autora do libro “A Galiza feminista. Tebras e alboradas”, do que nos falou onte na libraría Biblos de Betanzos. No texto aborda unha panorámica global do movemento feminista en Galicia para logo pararse con máis sosego nas figuras de Concepción Arenal, Rosalía de Castro e Emilia Pardo Bazán e ofrecer, finalmente, unha reflexión sobre o carácter “disperso” e “atomizado”  do feminismo galego hoxe en día. Miriam estivo acompañada de Isabel Risco Valdieso.

Compártelo en las redes

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Deixa un comentario