Raquel Vázquez obtén o premio “El Ojo Crítico” de RNE de Poesía 2020

Raquel Vázquez (Lugo, 1990) vén de obter o premio “El Ojo Crítico” de RNE de Poesía. O xurado valorou que a poeta conseguise “crear una geografía sentimental en Aunque los mapas, un poemario en el que se abren distintos caminos, desde lo puramente confesional a lo social, y todo ello para “mapear” el dolor y buscar una salida al laberinto desde la hondura existencial y la potencia metafórica de sus imágenes”.

“Esta é desas cousas que poden pasar, pero son improbables”, comentaba a poeta a Biblos pouco despois de coñecer a concesión do premio. “E cando pasan –engadía-dan unha alegría enorme. Estou encantada e moi agradecida”. Aunque los mapas obtivo xa en 2019 o Premio Loewe de Poesía a la Creación Joven.

Integraban o xurado o poeta Diego Doncel, Premio Loewe de Poesía 2020 por La fragilidad; Rosa Berbel, gañadora do Premio Ojo Crítico de Poesía 2020; Joaquín Pérez Azaustre, escritor e poeta; Ana Merino, escritora e catedrática en escritura creativa e estudos culturais na Universidad de Iowa; Miguel Ángel Hoyos, subdirector de El Ojo Crítico; Cristina Hermoso de Mendoza, directora da Estación Azul, e Laura Barrachina, xefa da área de Cultura dos Informativos de RNE e directora do espazo ‘El Ojo Crítico’.

 

Raquel Vázquez leva publicados outros poemarios: Lenguaje ensamblador (2019); El hilo del invierno (2016), Premio València Nova; Si el neón no basta (2015); Lied de lluvia para una piel ausente (2014), Premio de Poesía Granajoven; Luna turbia (2013), Premio de Poesía Joven Gloria Fuertes; Pinacoteca de los sueños rotos (2012) e Por el envés del tiempo (2011), Premio Poeta Juan Calderón Matado. Foi residente da Fundación Antonio Gala para Jóvenes Creadores no curso 2014/15. Seus son tamén dous libros de contos, La ocarina del tiempo (2016) e  Paralelo 36 (2019). Varios destes títulos presentáronse na libraría Biblos de Betanzos, onde tamén participou no Clube de Lectura Biblos-Francisco Aguiar. A imaxe corresponde á presentación de Lenguaje ensamblador, acompañada de Francisco Coloma.

 

Compártelo en las redes

Share on facebook
Share on whatsapp
Share on twitter
Share on pinterest
Share on linkedin

Deja un comentario