Xoaniña de Deus

Xoaniña de Deus

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Alba Guzmán
ISBN: 9788411101707
Edición: Outubro 2022
Páginas: 128

14,50 

1 disponibles

PREMIO XUVENTUDE CREA 2022
Narrada a dúas voces, é a historia da vida dunha muller diagnosticada de alzhéimer que necesita seguir viva. Xoaniña estase esquecendo da súa vida, de feito nin tan sequera lembra o seu nome ou a idade que ten. Ao redor dela tan só xira a soidade, o medo e uns invisibles fíos que a manteñen atada á realidade. Unhas desconcertantes tatuaxes gravadas na pel e un vello diario con tapas de coiro negro son o facho que alumea os seus pasos, as pegadas que lle permiten regresar ao pasado para recorrer un tortuoso camiño ata chegar a un inesperado final. Amor, drama e un pouco de humor forman parte dun círculo de lembranzas que ela mesma debe pechar antes de que a súa memoria se apague para sempre.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Xoaniña de Deus”