Velliñas

Velliñas

Editorial: Editora OQO
Autor: Charo Pita
ISBN: 9788498717044
Edición: maio 2023
Páginas: 48

14,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Antea e Filipa son dúas humildes velliñas que o comparten todo; aínda que a realidade é que apenas teñen nada: comen sopa de auga a diario e, os domingos, un fideo para as dúas; pero son felices porque se queren e gozan da vida en compañía.
Un suceso extraordinario faralles vivir unha grande aventura.
Charo Pita lémbranos que a idade é un agasallo: está chea de vida e de misterios. Unha cara esculpida polas engurras é coma unha árbore milenaria; o seu tronco groso agroma cada primavera do mesmo xeito que unha persoa anciá con cada amencer. Así son Antea e Filipa, aventureiras do día a día.
“Velliñas” é un relato conmovedor que nos ensina o valor dos afectos, o renacemento na vellez, a ilusión e superación das mulleres maiores que, con ánimo e alegría, son quen de vencer calquera contratempo.
A ilustradora, Fátima Alonso, desprega un discurso de marcado carácter narrativo, con imaxes repletas de detalles suxestivos que permiten gozar dunha lectura visual rica e fonda.
Un álbum ilustrado con gran sensibilidade, recomendado para todas as idades.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Velliñas”