Poemario ilustrado a toda cor que responde a un proxecto a catro mans, as de Xulio Pardo de Neyra e as de Clara Martín, que idearon un libro para ler e para ver, para sentir, para descubrir e para vivir cos ollos e co corazón. Componse dun total de 39 poemas e 30 colaxes analóxicos que dan forma e poñen rostro, que debuxan unha chea de emocións íntimas, urxentes e intensas sempre coa ollada feminista, feminina e feminizada dun home e unha muller que xuntan forzas para mostrar que a paixón non ten xénero.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.