A vella Rosa reparte a súa herdanza en tres partes, entre os seus dous sobriños, Pololo e Adela, e a filla doutra sobriña xa morta. Ela é seguidora na televisión dos telefilmes do detective tenente Colombo, do que sabemos da súa ascendencia galega. A morte da vella Rosa, en estrañas circunstancias, desencadeará unha divertidísima trama de enredo, parodia da ambición desmedida da sociedade actual, que rematará cunha hecatombe tráxica. Os diálogos chispeantes, a presenza da sociedade mediática actual (concibida como un diálogo permanente coa televisión) e a crítica máis mordaz á sociedade da “comodidade e da ambición” fan desta peza unha traxicomedia destes días.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.