La imagen con verialID c9536 ya existe en WPLa imagen con verialID c9536 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoUnha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe – BiblosClube

Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe

Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Xurxo Mariño
ISBN: 9788491217619
Edición: Novembro 2020
Páginas: 128
Dimensiones: 190 × 230 cm

18,80 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Agora mesmo, ao ler estas liñas, estás a utilizar a habilidade máis sorprendente e extraordinaria da túa mente: a linguaxe, unha ferramenta única que usamos os humanos modernos para elaborar o pensamento e para comunicar todo tipo de ideas dunha mente a outra. É algo que nos diferencia de todos os demais seres vivos coñecidos. Ningún outro animal posúe algo remotamente similar, xa que no seu caso manexan sistemas de comunicación que carecen do simbolismo e a sintaxe propios da linguaxe. Como xurdiu está capacidade única dos humanos? A evolución da linguaxe é un dos problemas máis fascinantes da ciencia actual.Este atractivo libro do neurocientífico e divulgador Xurxo Mariño é unha aventura de misterio na que pouco a pouco van aparecendo pistas sobre o desenvolvemento da nosa capacidade lingüística, tanto a medida que remexemos na evolución biolóxica e cultural do xénero Homo, como tamén observando os cambios que se producen durante os primeiros anos de vida das nenas e nenos.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Unha mente que voa. Unha mirada á evolución da linguaxe”