Un rico pastel (galego)

Un rico pastel (galego)

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Demademora
Autor: Christian Voltz
ISBN: 9788413430270
Edición: 1ª (xullo 2020)
Páginas: 40

14,00 

1 disponibles

Facer «Un rico pastel» non é tan doado como parece, nin como explican os libros tradicionais de receitas, nin os dispositivos móbiles actuais. E se non, que llo digan ao pobre Don Antón,
desesperado ante a chegada inminente da súa invitada.
O doce que está preparando ten moi mala pinta, pero menos mal que uns simpáticos amigos veñen na súa axuda… Ou non!
Porque os trucos das respectivas avoas de cada un distan moito da idea que ten Don Antón sobre como se elabora un pastel.
Os ingredientes que lle suxieren son cada vez máis raros e o que aspiraba a ser unha merenda doce está cada vez más lonxe de selo.
Humor a esgalla nesta nova historia de Christian Voltz, co orixinal grafismo que caracteriza as súas ilustracións: un colaxe de obxectos reciclados -latas, aramios, pezas de madeira, fibras téxtiles…- dálle forma aos personaxes, que resaltan sobre fondos coloreados con suaves texturas. Un libro moi divertido, cheo de sorpresas, cociñado con más intencións que coñecementos de repostería.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Un rico pastel (galego)”