En Toquio, no tempo que vai da medianoite ao mencer, inícianse e remátanse as historias desta novela. No seu centro, dúas irmás: Eri, ensumida no sono do esquecemento, e Mari, a lectora solitaria. Cabo delas, un mozo trombonista de jazz, as empregadas dun love hotel e un frío e escuro executivo. Xente da noite, vidas que conflúen, segredos descubertos e preguntas que ás veces non precisan resposta. Cada un dos capítulos de “Tras do solpor” posúe, concentrada, a mesma forza de atracción hipnótica que Haruki Murakami amosara anteriormente en “Norwegian Wood” ou “Kafka on the Shore”.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.