Súbditos ou cidadáns?. Reflexións perante a involución democrática e a lóxica dos poderosos

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque.Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de “Súbditos ou cidadáns?” vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. “Súbditos ou cidadáns?” aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Crónica. Debate
Autor: Henrique del Bosque Zapata
ISBN: 9788491217046
Edición: 1ª (setembro 2020)
Páginas: 256

21,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Nocións como comunidade, liberdade, dereitos, cidadanía, pobo ou estado semellan ecos do pasado e sucumben ao imperio do control cibernético e á acumulación de poder do capital financeiro. Quen ten os datos ten o poder. Nós agasallámolos sen control a través das nosas redes sociais, asegura a profesora e pensadora Carme Adán no limiar deste necesario libro de Henrique del Bosque.Sen dúbida, estamos fronte a novas formas de poder, dentro dunha crise do modelo de civilización, así que o século XXI obríganos a pactos para configurar a vida en común. O autor de “Súbditos ou cidadáns?” vai diseccionando, coa capacidade analítica de quen participou e militou nos movementos sociais e políticos, as cuestións que nos levaron a construír os estados modernos e as razóns, que desde hai xa varias décadas, levan á súa demolición.A lóxica da posverdade está caracterizada pola indiferenza aos feitos, o desprezo polos conceptos ou o esquecemento da Historia. “Súbditos ou cidadáns?” aborda a crise actual e o saqueo que implica, proporcionando ferramentas para entender o presente e para pensar e elaborar alternativas.O que nos propón este libro, asegura Carme Adán, é indagar onde está o espazo do común. Anímense ao reto de pensar: súbditos ou cidadáns. A decisión é nosa. Elixan vostedes

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Súbditos ou cidadáns?. Reflexións perante a involución democrática e a lóxica dos poderosos”