Un vampiro, un zombi, un fantasma, unha bruxa, unha momia, un home lobo, o monstro de Frankenstein e un gato fan un paseo terrorificamente divertido, cheo de sorpresas e cun final inesperado que transforma a historia. Ideal para contar arredor do día de Defuntos, nun orixinal conto circular. Os protagonistas irán desaparecendo, un por un, da forma máis disparatada. As ilustracións de Christian Inaraja, cheas de cor sobre fondos claros, dan forma a algúns dos personaxes de medo máis coñecidos da tradición literaria infantil e acentúan o carácter cómico desta proposta. A tradución é de Manuela Rodríguez.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.