Símbolo da cultura e do país galego, “Sempre en Galiza” representa os anceios dunha nación que se quere situar a carón doutras culturas e en igualdade co resto dos pobos.
No ano 1944 publicábase en Bos Aires a primeira edición de “Sempre en Galiza”. O libro que mellor condensa a historia e as esperanzas de toda unha nación vía a luz no exilio hai agora sesenta anos. A obra de Castelao é unha colección de ensaios nos que a historia, a cultura, os problemas e a identidade de todo un país abrollan proxectándose cara ao futuro. Desde a súa publicación, o libro no que se recolle o pensamento de Castelao continúa a estar vixente para toda a sociedade galega precisamente pola forza das súas conviccións, a valentía para expresalas e a gran capacidade do autor para transmitir as ideas.
Sempre en Galiza
Sé el primero en valorar “Sempre en Galiza” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.