Esta guía conten 17 roteiros para todas as idades e con diferentes niveis de dificultade pola contorna da comarca de Lugo, territorio reserva da biosfera. Sendeiros, camiños de carros, corgas, muras, chantos, muíños, chousas, pendellos, casas, bosques de ribeira, fragas, pradeiras. Rutas ben sinalizadas e que tamén poden ser percorridas a pé ou a cabalo. O libro é unha reedición aumentada, actualizada e revisada da publicación que se fixo en 2010. A principal novidade é que se aportan os tracks das rutas en formato gpx descargables a calquera dispositivo e aplicación gps, para maior comodidade. Mediante un código QR inserido na publicación, accédese á páxina de Deportes da Deputación de Lugo onde se aloxan os tracks e a descrición das rutas.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.