Río sen ponte

Río sen ponte

Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas. Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí a protagonista, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich. En tradución ao galego de Anxo Tarrío.

Editorial: Hércules Ediciones
Autor: Ilse Losa
ISBN: 9788418966125
Edición: 1ª Novembro 2021
Páginas: 240

16,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Tras a publicación en 2019 de O mundo en que vivín, aparece agora en galego Río sen ponte, a segunda novela escrita por Ilse Losa, en 1952. A acción desenvólvese en Alemaña en 1933 ao redor dos personaxes alemáns non-xudeus Johann Schuster e Jutta Berner. Coñécense nunha Asociación da Mocidade, e Jutta sente que nel atopa un benestar que non experimentara ata ese momento. Con todo, a súa relación verase interrompida polas circunstancias políticas e económicas. Do mesmo xeito que en O mundo en que vivín, tamén aquí a protagonista, por mor da crise que atravesaba Alemaña, se ve obrigada a deixar o seu país. Neste caso, o destino é Londres, onde se dedicará a coidar os nenos dunha familia de ascendencia xudía, nun escenario de persecución dos xudeus e de todos aqueles que non compartían a ideoloxía do III Reich. En tradución ao galego de Anxo Tarrío.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Río sen ponte”