Que fai o mosquito por nós? A biodiversidade, clave para a vida humana

Que fai o mosquito por nós? A biodiversidade, clave para a vida humana

Editorial: Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega
Autor: Frauke Fischer,Hilke Oberhansberg
ISBN: 9788412463538
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 208

19,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Atendede ben: sen mosquitos, ídevos esquecendo do chocolate! A natureza é unha rede en que cada organismo desempeña unha función esencial. Non hai especie que non dependa doutra, e os seres humanos non iamos ser a excepción. Sen a diversidade da natureza non dariamos sobrevivido: sen insectos non habería froita, sen microorganismos non habería humus… e, o dito, sen mosquitos non habería chocolate.
Para que iso non pase, este libro, Premio Alemán de Comunicación Medioambiental en 2021, preséntanos, con humor e claridade, o mundo fascinante dos animais e das plantas, que nos agasallan alimentos, seguridade, saúde e moito máis, e amósanos que debemos facer para deter -aínda estamos a tempo!- a sexta extinción masiva.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Que fai o mosquito por nós? A biodiversidade, clave para a vida humana”