Aínda que Fiz Vergara Vilariño é coñecido principalmente pola súa calidade poética, en “¿Por que Deus faría a brétema? Narrativa reunida”, Iago Rodríguez Yáñez recolle o máis salientable da súa interesante produción en prosa (trinta relatos e unha novela que non chegou a rematar), a gran maioría descoñecida.
Son narracións na súa fala louzariña, con pezas entre infantís con fondo social, populares e tradicionais e retratos, onde ás veces o enfoque irónico e humorístico non exclúe a temática transcendente que aborda.
Unha achega imprescindible para descubrir o escritor de Lóuzara.
¿Por qué Deus faría a brétema? Narrativa reunida
Sé el primero en valorar “¿Por qué Deus faría a brétema? Narrativa reunida” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.