Non todas as historias de amor teñen un final feliz. Algunhas, nin sequera comenzan. Porén, en medio de nada -cando a esperanza queda no pasado-, aparecen lugares que semellan o paraíso. Ébora, por exemplo. a Ébora regresa o catedrático de literatura Xulio Benavides. Encóntrase coa memoria do seu pai e os seus amigos, con Bruna e os seus ollos negros, tamén cun mundo marabilloso onde a Santa Compaña pasea nas noites de lúa. A mestra dona Angelita, o cura Diamantino, Elpidio, o doutor Ochoa, Albino, Teolindo Hervella, dona Santa, Hilda… Un cento de personaxes que transitan entre o fracaso e o único éxito que paga a pena: ser feliz. Por Ébora pasan a vida e as ilusións, os misterios, a emoción, as palabras fermosas, o desexo, as ansias e algunha melancolía. O paraíso, talvez.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.