Para unha historia do cinema [5]. Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil

Para unha historia do cinema [5]. Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Pantallas
Autor: Manolo González
ISBN: 9788491519423
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 474

26,00 

3 disponibles

“Nos días encantados de agosto” é unha viaxe apaixonada na procura do ronsel esquecido do iconauta José Gil, o auténtico precursor do cinema galego, quen filmou Galicia todos os agostos entre 1910 e 1934. O seu labor pioneiro pode explicar o devalar de fitos fundacionais da nosa cinematografía: os comezos do pictorialismo, o reporteirismo fotográfico, o nacemento do cine ficcional e documental en Galicia, as primeiras marcas produtoras e laboratorios cinematográficos, o cine industrial e turístico, a relación con Portugal, o cine educativo, etnográfico e científico e tantas outras achegas do cineasta de Rubiós (As Neves) a prol da exaltación do país que tanto amaba.
Un home que tentou construír Galicia dende posicións de progreso e modernidade nunha sociedade que tardou demasiado tempo en comprender a transcendencia dun cinema propio e a necesidade de conservalo como patrimonio imprescindíbel do imaxinario colectivo.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Para unha historia do cinema [5]. Nos días encantados de agosto. Unha biografía de José Gil”