Papaventos

Papaventos

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Xavier Vázquez Álvarez
ISBN: 9788483026175
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 200

20,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

En Papaventos, Xavier Queipo transpórtanos desde as douradas praias de California ó País da Brétema, pasando por Chicago, a cidade onde o protagonista coñecera o frío e a felicidade, o amor e a estabilidade emocional. A historia de Papaventos ten a súa orixe na morte de Giovanni Portiero, traductor de José Saramago ó inglés. Portiero morreu cego, logo dunha longa enfermidade incapacitante e ó pouco de rematar a traducción de Ensaio sobre a Cegueira. Saramago contoullo, totalmente abraiado, a Donzelina Barroso, nunha entrevista que lle concedeu para a revista literaria The Paris Review, editada en Nova York no inverno de 1998, logo de recibir o Premio Nobel. Xavier Queipo quere “que ninguén procure outra semellanza. Agás esta anécdota, que dá orixe ó conflicto da novela, o resto da trama, é ficción. Por respecto a Portiero. Por respecto a Saramago. Por respecto a quen lea esta novela”.A partir, pois, desta anécdota real Queipo ensarilla unha historia que narra a desposesión da luz, a privación da seguridade que ofrece a percepción dun mundo de coordenadas coñecidas, para se mergullar na loita interior dun personaxe enfrontado coa fatalidade.Papaventos é unha novela de amor e confusión, de busca e desposesión dos sentidos, unha viaxe iniciática, unha procura constante da iluminación e do equilibrio.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Papaventos”