Pan galego. Receitas e historias do mellor pan do mundo

Pan galego. Receitas e historias do mellor pan do mundo

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Edu Lavandeira
ISBN: 9788411105026
Edición: 1ª (2024)
Páginas: 256

22,95 

2 disponibles

“O pan galego non dá para un libro, dá para unha enciclopedia”, sostén Edu Lavandeira. “De aí que, se cadra, ata agora non se fixese ningún. Ningún coma este, claro. Con carácter enciclopédico e eterno. E que reúne as receitas, técnicas e os pans (e a bolaría e as empanadas) máis emblemáticos de Galicia”. O autor -director e creativo audiovisual con numerosos documentais e programas de entretemento no seu currículo- é un apaixonado da gastronomía, especialmente dos pans, das masas e das pizzas, que pensa que o pan galego “non é un, son moitos”. É un territorio “inabarcable, inmenso”. Lavandeira creou a primeira serie documental dedicada a este ancestral alimento: Maestros del Pan (Canal Cocina). Ademais, acumula case un millón e medio de seguidores en Instagram e Tik Tok, onde triunfan os seus virais vídeos de elaboracións.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Pan galego. Receitas e historias do mellor pan do mundo”