Paco (galego)

Paco (galego)

Cando chegou á Lúa, Paco decatouse de que non todo era como el pensara e sentiu morriña de canto deixara atrás ao emprender a viaxe. Pero descubriu tamén que a Lúa pode ser un fogar acolledor e melodioso.
“Paco” é unha obra poética que fala de nostalxia e de sentimentos, que contaxia tenrura e transmite harmonía. Pola sinxeleza do texto e pola tipografía con letras maiúsculas, é ideal para primeiros lectores, que son partícipes dun relato que combina ilusión e aventuras, que nos transporta ao mundo máxico das estrelas, e que remite á importancia das cousas sinxelas que non se valoran abondo.
As ilustracións, elaboradas a base de collage e ceras brandas, destacan pola súa calidez, polo xogo de planos e de perspectivas, e pola combinación de secuencias consecutivas nunha mesma
escena, un aspecto que lle proporciona dinamismo ás imaxes.

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Demademora
Autor: Paula Carballeira Cabana
ISBN: 9788484640707
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 32

14,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Cando chegou á Lúa, Paco decatouse de que non todo era como el pensara e sentiu morriña de canto deixara atrás ao emprender a viaxe. Pero descubriu tamén que a Lúa pode ser un fogar acolledor e melodioso.
“Paco” é unha obra poética que fala de nostalxia e de sentimentos, que contaxia tenrura e transmite harmonía. Pola sinxeleza do texto e pola tipografía con letras maiúsculas, é ideal para primeiros lectores, que son partícipes dun relato que combina ilusión e aventuras, que nos transporta ao mundo máxico das estrelas, e que remite á importancia das cousas sinxelas que non se valoran abondo.
As ilustracións, elaboradas a base de collage e ceras brandas, destacan pola súa calidez, polo xogo de planos e de perspectivas, e pola combinación de secuencias consecutivas nunha mesma
escena, un aspecto que lle proporciona dinamismo ás imaxes.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Paco (galego)”