Un álbum sobre o medo ao descoñecido a través da ollada curiosa e inocente da infancia. Ao acabar un día de escola, dous irmáns reciben a nova de que dous “migrantes” van chegar ao colexio. Como é a primeira vez que oen esa palabra, pasarán a tarde pensando nos seus posibles significados. A emoción ante o descubrimento que supón unha nova amizade levaraos a esquecerse dos migrantes que, en realidade, nin sequera chegaron a aparecer. A tradución é de Iago Nicolás.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.