“Unha breve refolada de aire cruzou a través das árbores e moveu a herba axitándoa lixeiramente. Era un aire algo salobre, dun mar só intuído, vagaroso, con algo de pintura difuminada sobre un lenzo imaxinario. Moveu os cabelos brancos dun Ulises velleiro e coa mirada vidrosa, como un océano sen apenas brillo. Penélope reparou nas súas propias mans, outrora dunha fineza de cristal e agora tornadas en algo semellante a un coiro vello, sen rastro do que foran cando, áxiles, se dedicaban a tecer e destecer, sempre incansábeis”. Rubén Anido.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.