O solteirón

O solteirón

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: Adalbert Stifter
ISBN: 9788412393392
Edición: Novembro 2022
Páginas: 152

15,00 

1 disponibles

Antes de entrar de cheo na idade adulta e o mundo do traballo, Victor, un mozo algo desencantado e bondadoso, debe emprender unha viaxe até unha remota illa por expreso desexo do seu tío, un vello solteiro e túzaro. Con tal fin, deixa atrás o sinxelo fogar no que se criou ao quedar orfo, ao coido de Ludmilla, a súa nai adoptiva, e canda a filla desta, a prudente Hanna. Neste periplo cargado de misterio e soidade descubrirá segredos longo tempo ocultados, coa única compaña do seu vello can, o leal Spiz, un animal que entrou por dereito propio na historia da literatura. Admirado, entre outros, por Rilke ou Thomas Mann, para o caso cabe rescatar a descrición que del fixo Hannah Arendt como “o meirande paisaxista da literatura”. En efecto, nesta novela, a paisaxe, descrita por extenso e con mestría, é un elemento clave sen o cal o texto perdería boa parte do seu engado. Traducida do alemán por Rosa Marta Gómez Pato.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O solteirón”