Os tesouros son, sen lugar a dúbidas, os seres máis extraordinarios e sublimes da mitoloxía galega. Calquera outro nume -feérico, seráfi ou diábolico- foi concibido polo estro popular para servilos de avatar, espantallo, séquito ou paladín. Arredor dos máxicos tesouros, enfrascados na súa salvagarda, rebolen mouras, mouros, fadas, serpes, lagartos, demos, trasnos, xigantes, ananos…, e a preservación da súa transcendental integridade é leitmotiv nos contos da tradición oral.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.