No século XVIII un buque francés ao mando do capitán Duchesnoy inicia unha épica travesía na procura do mítico paso de Noroeste, a ruta entre o Atlántico e o Pacífico a través do Ártico. Xavier Queipo pilotando o guión que adapta a súa novela homónima e Primitivo Marcos na parte gráfica arman un relato de aventura, pleno de emocións, descubertas e tamén de datos para o coñecemento. Queipo obtivo en 1996 o Premio García Barros de novela por “O paso do Noroeste”.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.