O neno de lume

O neno de lume

Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e coa que pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar. A señora Culpepper lembra a nota que traía Morgan, e o neno prepárase para iniciar unha viaxe máis alá da néboa. Só se atopan a casa das tres irmás Luminaria poderá sobrevivir. O que non imaxinan é quen son en realidade esas tres mulleres. Un novo universo literario de Ledicia Costas con aroma a conto clásico.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Merlín
Autor: Ledicia Costas
ISBN: 9788411100847
Edición: 1ª (2022)
Páginas: 168

12,70 

4 disponibles

Morgan é un neno peculiar. De bebé apareceu nunha cesta diante da casa da señora Culpepper xunto cunha nota que dicía: «Lévenme máis alá da néboa. Busquen a casa das tres irmás e díganlles que son o neno de lume». Sobre o seu ombro dereito sempre vai Luminaria, unha pequena chama que só el pode ver e coa que pode falar. Unha mañá, a cidade aparece cuberta por unha mesta néboa que non dá levantado. Sen rastro do sol, Luminaria vaise apagando devagar. A señora Culpepper lembra a nota que traía Morgan, e o neno prepárase para iniciar unha viaxe máis alá da néboa. Só se atopan a casa das tres irmás Luminaria poderá sobrevivir. O que non imaxinan é quen son en realidade esas tres mulleres. Un novo universo literario de Ledicia Costas con aroma a conto clásico.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O neno de lume”