O libro dos porcos

O libro dos porcos

Editorial: Kalandraka Editora
Colección: Tras os montes
Autor: Anthony Browne
ISBN: 9788484645719
Edición: 1ª ed., 1ª imp.
Páginas: 40

16,00 

2 disponibles

O señor Porcón vivía cos seus fillos, Miguel e Antón, nunha bonita casa cun bonito xardín, e cun bonito coche nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller. “Bule co almorzo, muller”. Berraba todas as mañás antes de marchar para o seu importantísimo traballo. “Bule co almorzo, mamá”. Berraban Miguel e Antón antes de marcharen para a súa importantísima escola… Así un día e outro día, ata que a señora Porcón se fartou de que sempre a trataran coma unha criada. Cando decide marchar, a súa nota de despedida é demoledora: “Sodes uns porcos!”. Papá Porcón e os seus fillos terán daquela que facerse cargo de tódalas tarefas domésticas que antano tiñan resoltas: limpar, facer a comida, as camas, pasar o ferro…
“O libro dos porcos” é un traballo altamente recomendable para iniciar aos lectores nunha educación baseada na igualdade, na colaboración e no concepto de familia. O autor válese dunha sinxela metáfora visual para explicar o seu obxectivo: no momento no que o aseo e as normas do fogar se descoidan, os protagonistas son representados non como persoas, senón como cochos. A figura do porco permite así reflexionar sobre os diferentes significados -literais ou figurados- desta palabra tan simbólica: ser porco ou comportarse como tal.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O libro dos porcos”