O libro do fútbol

O libro do fútbol

Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Literaria
Autor: VV. AA.
ISBN: 9788411760249
Edición: 1ª (2023)
Páginas: 166

16,70 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Dicía Eduardo Galeano que o fútbol é a única relixión que non ten ateos. E aínda aqueles que deostan este deporte non poden renegar das moitas veces que de nenos correron entusiasmados detrás dun balón dándolle patadas nunha rúa ou nun descampado. Unha improvisada cancha foi o feliz territorio da infancia de moitos de nós. Sobre ela forxáronse inesperadas alianzas e naceron grandes rivalidades. Nese terreo delimitado polas áreas das porterías todos eramos iguais, non había clases, nin razas, nin cores. Todos tiñamos un único obxectivo: o gol.
Recuperando ese espírito infantil do xogo, presentamos nesta antoloxía unha escollida selección de once autores e autoras das nosas letras, o noso particular dream team, para pór en palabras a emoción e a paixón polo fútbol. Que soe o chifre do árbitro e que comece o xogo. Que gañe o mellor!

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O libro do fútbol”