O ganso salvaxe

O ganso salvaxe

Otama é unha moza humilde á que as circunstancias e o desexo de coidar do seu ancián pai empurran a aceptar ser a concubina dun bedel convertido en usureiro. Okada é un gallardo estudante de medicina cuxos paseos o levan con frecuencia por onda a nova residencia de Otama. Odestino, a casualidade e as convencións sociais levarán a que unha e outro se observen, se acheguen e se afasten nunha historia onde o que non se chega a dicir —e o que non chega a suceder— expresa tanto como todo o dito.
Escrita entre 1911 e 1913 e publicada inicialmente por entregas, “O ganso salvaxe” é a obra máis coñecida de Mori Ogai. Cun estilo moi persoal, a novela suma unha mesurada contención lírica e un coidadísimo respecto pola humanidade dos seus personaxes. É por esta obra polo que o autor, xunto con Natsume Soseki, é valorado como o verdadeiro artífice da creación literaria moderna en xaponés.

Editorial: Irmás Cartoné, S.L.
Autor: Mori Ogai
ISBN: 9788412147025
Edición: 1ª (2021)
Páginas: 176

14,50 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Otama é unha moza humilde á que as circunstancias e o desexo de coidar do seu ancián pai empurran a aceptar ser a concubina dun bedel convertido en usureiro. Okada é un gallardo estudante de medicina cuxos paseos o levan con frecuencia por onda a nova residencia de Otama. Odestino, a casualidade e as convencións sociais levarán a que unha e outro se observen, se acheguen e se afasten nunha historia onde o que non se chega a dicir —e o que non chega a suceder— expresa tanto como todo o dito.
Escrita entre 1911 e 1913 e publicada inicialmente por entregas, “O ganso salvaxe” é a obra máis coñecida de Mori Ogai. Cun estilo moi persoal, a novela suma unha mesurada contención lírica e un coidadísimo respecto pola humanidade dos seus personaxes. É por esta obra polo que o autor, xunto con Natsume Soseki, é valorado como o verdadeiro artífice da creación literaria moderna en xaponés.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O ganso salvaxe”