O derradeiro americano

O derradeiro americano

Novela curta de corte satírico ambientada nun futuro afastado, decadente e, até certo punto, postapocalíptico, escrita polo polifacético John Ames Mitchell. Publicouse orixinalmente en 1889 na revista Scribner’s; máis tarde, en 1893, o autor quixo reeditala en volume exento e con algúns cambios. Nos anos posteriores tivo unhas vendas notables, se cadra, en parte, grazas ás suxestivas ilustracións de acompañamento, realizadas por Ames Mitchell e por outros artistas amigos. O almirante persa Khan-li narra, a través dunha serie de entradas de diario, as aventuras á fronte dunha expedición que suca as augas do Atlántico rumbo ao descoñecido. Isto acontece nun mundo devastado polas catástrofes climáticas que resiste a duras penas tras o colapso tecnolóxico global e onde de moitos pobos non restan senón os refugallos, ínfimos vestixios de civilizacións pasadas. O comercio descontrolado, a cobiza humana e o seu culto ao diñeiro ou o afán egoísta e ousado de moitos arqueólogos metidos a descubridores son só algúns dos moitos albos que neste opúsculo reciben os retranqueiros dardos do autor. Na ciencia ficción do século XIX, esta peza é a todas luces unha curiosidade, na medida na que foi capaz de adiantarse en sete décadas a O planeta dos simios (1963) do francés Pierre Boulle, novela coa que garda un parentesco evidente. Traducido do inglés por Iago Nicolás Ballesteros.

Editorial: Editorial Hugin e Munin
Autor: John Ames Mitchell
ISBN: 9788412393309
Edición: Xaneiro 2022
Páginas: 76

9,00 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Novela curta de corte satírico ambientada nun futuro afastado, decadente e, até certo punto, postapocalíptico, escrita polo polifacético John Ames Mitchell. Publicouse orixinalmente en 1889 na revista Scribner’s; máis tarde, en 1893, o autor quixo reeditala en volume exento e con algúns cambios. Nos anos posteriores tivo unhas vendas notables, se cadra, en parte, grazas ás suxestivas ilustracións de acompañamento, realizadas por Ames Mitchell e por outros artistas amigos. O almirante persa Khan-li narra, a través dunha serie de entradas de diario, as aventuras á fronte dunha expedición que suca as augas do Atlántico rumbo ao descoñecido. Isto acontece nun mundo devastado polas catástrofes climáticas que resiste a duras penas tras o colapso tecnolóxico global e onde de moitos pobos non restan senón os refugallos, ínfimos vestixios de civilizacións pasadas. O comercio descontrolado, a cobiza humana e o seu culto ao diñeiro ou o afán egoísta e ousado de moitos arqueólogos metidos a descubridores son só algúns dos moitos albos que neste opúsculo reciben os retranqueiros dardos do autor. Na ciencia ficción do século XIX, esta peza é a todas luces unha curiosidade, na medida na que foi capaz de adiantarse en sete décadas a O planeta dos simios (1963) do francés Pierre Boulle, novela coa que garda un parentesco evidente. Traducido do inglés por Iago Nicolás Ballesteros.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O derradeiro americano”