O cervo e a sombra

O cervo e a sombra

Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos seus pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. Na loita por non renderse ante as circunstancias, procura o apoio de Andrés, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse. A inesperada aparición de Irene na cidade, unha relación que o marcou para sempre, e o descubrimento da Barronka, un edificio rehabilitado por un grupo de anarquistas, prenden en Mateo unha chama de esperanza para seguir vivindo. Pero os seus terrores non están dispostos a abandonalo. Todo é unha lembranza. A lembranza bañada en sangue dos derradeiros días da súa vida.

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Autor: Diego Ameixeiras
ISBN: 9788491219927
Edición: 1ª (setembro 2021)
Páginas: 160

18,95 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Mateo tenta saír adiante vendendo cocaína e deixándose enredar polos estraños negocios que lle ofrece Silvio, o seu mellor cliente e un vello amigo co que se sente en débeda. Ao mesmo tempo, mentres se esforza en superar a morte dos seus pais nun accidente de tráfico, ocúpase de atender a Eulalia, unha mestra xubilada que xa non pode levarlle flores ao seu irmán morto. Na loita por non renderse ante as circunstancias, procura o apoio de Andrés, un sacerdote que anos atrás o axudou a desintoxicarse. A inesperada aparición de Irene na cidade, unha relación que o marcou para sempre, e o descubrimento da Barronka, un edificio rehabilitado por un grupo de anarquistas, prenden en Mateo unha chama de esperanza para seguir vivindo. Pero os seus terrores non están dispostos a abandonalo. Todo é unha lembranza. A lembranza bañada en sangue dos derradeiros días da súa vida.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “O cervo e a sombra”