Subtitulado “Alcouve da memoria en Cercedo”, amósanos como a represión franquista non se limitou a amorear cadáveres, senón que se afanou en soterralos nunha fonda tumba que cubriu de silencio; o franquismo encargouse minuciosamente de borrar toda pegada, de esvaer todo recordo, de obliterar os nomes e apelidos das persoas que fixeran posíbel en España, e na Galiza, a chegada da II República. No Concello de Cerdedo, este labor de silenciamento levouse a cabo con resultados perdurábeis. Mais libros coma este transmiten a certeza de que, non hai tanto, existiu naquel territorio (e no Estado) unha maioría social inqueda, librepensadora, comprometida co progreso e a xustiza social que foi aplastada.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.