Xa traducido a máis de 20 idiomas, achégase agora en galego. Conta a historia dunha familia palestina, os Baraka, que a través de diversas xeracións de mulleres, enleadas no tempo e no espazo, amosan a dura realidade da franxa de Ghaza. Desde a tola Um Mamdouh ata a americana perdida Nur, pasando pola valente e desleigada Nazmiyeh ou Mariam a dos ollos de dúas cores. Personaxes masculinos e femininos nun territorio que lles é hostil e onde a forza, o humor, os lazos familiares, as obrigas e as lembranzas, crean unha rede que lles permite seguir adiante. Unha historia de resiliencia. Unha novela de exilio e desarraigo, de esperanza e afouteza. Tradución e introdución de Rocío Viéitez Ferro.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.