Toño Figueroa, descendente da última aristocracia do país, mantén na madurez unha dobre vida na intimidade da súa memoria. Lembra a diario as súas primeiras veces e habita sen descanso a pasada mocidade: o sexo, as grandes mentiras familiares, os trens que se foron perdendo. Móvese con cinismo e incredulidade no convulso ambiente político da Galicia do posfranquismo; a súa conciencia social remata no seu propio corpo e o das mulleres coas cales aprende a descubrilo. Ou iso nos quere facer crer. Ata que Toño e os seus amigos chegan á solitaria praia de Calabarda, un paraíso aberto ao océano onde se pode ser libre dun xeito novo: sen roupa. Nun extremo da praia, os arqueólogos descobren un castro ancestral. Noutro, os veciños soñan con leiras de millo en que agromen os chalés. E no medio, Toño únese a unha grea de nudistas dispostos a todo para manteren os seus coiros ao sol. Manuel Gago ofrece en Nus un retrato irónico e irreverente da contraditoria Galicia de comezos da década de 1980 a través das aventuras sexuais dun crápula tan cínico como tenro.
Nus

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Narrativa
Autor: Manuel Gago
ISBN: 9788491218210
Edición: 02/2021
Páginas: 392
21,95 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Nus” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.