Dina Souto, bolseira nun xornal, debátese de cote na contradición de procurar ser unha persoa normal ou deixarse levar pola súa querenza desde a infancia pola violencia brutal. O asasinato que presenciou sendo cativa e a pertenza a unha entidade secreta son elementos que se cruzan cunha traxedia persoal e un amor eterno que parece imposible. Historias da vida que se mesturan coas historias que se viven, e se escriben, cada día nun xornal, cunha protagonista militante contra o machismo e que cre na violencia para erradicar a violencia. Tamén as vivencias da última xeración que estivo en contacto coa terra, o elo entre a Galicia rural e a Galicia urbana, as experiencias dos emigrantes nas plataformas de petróleo ou dos que traballaban nas minas de volframio.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.