Dous ratos atópanse con distintas parellas de animais aos que lles escoitan falar da historia da Arca de Noé: o anuncio do diluvio e a inundación do planeta, a construción da nave… Os ratiños avanzan entre osos, rinocerontes, pelícanos, bolboretas, xirafas, crocodilos cada vez máis confusos, entre a incredulidade e a angustia, sobre todo cando empezan a caer as primeiras pingueiras de auga, ata que acaban descubrindo o contexto real da situación. Na cola para a Arca é unha homenaxe ao teatro en clave de humor que, a través dun cómico enredo, xoga cos dobres sentidos e co torrente de sensacións que provoca un malentendido. Lectura divertida de pouso entrañable nun atractivo formato con páxinas despregables e unha estrutura dialogada que remite ao cómic. A proposta plástica de Iris Samartzi baséase na técnica da colaxe e da reciclaxe: cartóns e papeis de cores dan forma aos protagonistas, con referencias á numeración das butacas e ás entradas das funcións.
Na cola para a Arca

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Antonis Papatheodoulou
ISBN: 9788413430669
Edición: 03/201
Páginas: 36
16,00 €
1 disponibles
Sé el primero en valorar “Na cola para a Arca” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.