La imagen con verialID c11935 ya existe en WPLa imagen con verialID c11935 no existe en WP y se vuelve a subirSe ejecuta wp_handle_sideloadLo ha ejecutadoMúsica coral – BiblosClube

Música coral

Música coral

Editorial: Ediciones Linteo
Autor: Millán Picouto
ISBN: 9788412005875
Páginas: 640
Dimensiones: 270 × 200 cm

29,90 

En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible

Ediciones Linteo incorpora por primeira vez ao seu catálogo editorial unha publicación de carácter literario-musical que percorre a produción creativa do poeta, dramaturgo e compositor galego Millán Picouto (Ourense, 1949). Baixo o título de Música Coral, esta obra constitúe unha viaxe polos sons e letras de tradición galega coa fin, como o propio autor indica, de “servir ao pracer do canto en común”. O volume, de 640 páxinas e escrito integramente en galego, vertébrase arredor de dous eixos diferenciados: unha primeira parte na que se reproduce exclusivamente o contido lírico-textual das obras musicadas, e unha segunda na que se expoñen as partituras coa notación e indicacións interpretativas correspondentes a ditos textos. Música Coral nace co espírito de ofrecer ás formacións corais un material polifónico único, froito de anos de traballo compositivo e de compilación de textos e tradicións musicais levado a cabo por Millán Picouto.
O material exponse estruturado en tres seccións. A primeira, “Cantigas, sonetos, madrigais”, presenta vinte pezas extraídas dos seus libros Cancións e Sonetos da lúa chea, xunto a oito cantigas de trobadores e xograres como don Dinís, Pero Meogo ou Joan Lobeira. A segunda sección, “Escola coral de poesía e de música”, está concibida cunha finalidade pedagóxica e integrada por 101 composicións a través das que se propón o estudo da poesía e da música desde os seus alicerces, e nas que figuran desde textos do propio autor ata versos e prosas de tradición galega e incluso fragmentos poéticos de Rosalía de Castro, Eduardo Pondal ou Manuel Curros Enríquez que Picouto enriquece sonoramente. En último lugar, a sección “Do teatro” supón unha antoloxía dalgunhas das pezas musicais máis destacadas que o dramaturgo ourensán compuxo como banda sonora das súas propias obras de teatro e nas que relata historias inspiradas polas grandes civilizacións da humanidade, desde a Grecia micénica e a Antigüidade Clásica, ata a Época Contemporánea, pasando pola prehistoria da illa de Pascua e a destrución do imperio dos Incas.

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Música coral”