Home de inmensa cultura, lector infatigábel, enérxico polemista, auténtica enciclopedia galega, combinou a militancia galeguista e progresista para ser un dos grandes xornalistas, o historiador da nación galega por excelencia, un conflitivo funcionario, a cabeza visíbel do rexionalismo e o primeiro presidente da Academia Galega. Ademais de centos de artigos, escribiu un conxunto de libros que superan as 7.000 páxinas. Entre eles os cinco tomos da Historia de Galicia complementados co monumental Galicia, o estudo sobre El foro, o Diccionario de Escritores, El regionalismo gallego, El arte en Santiago durante el siglo XVIII, Diego Gelmírez ou Los trovadores gallegos. Da súa obra de creación merece destacarse En prosa. Sen esquecer a singularidade do seu libriño para as escolas La primera luz nin Los Precursores, memoria da súa vida e do seu tempo.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.