Entusiastas da obra de Luísa Villalta, a quen trataron en vida, Eva Veiga e Pilar Pallarés, prepararon unha antoloxía que percorre a obra da autora homenaxeada no Día das Letras que é tamén un cofre que contén inesperados tesouros. Durante meses -antes incluso do acordó da RAG- “Pallarés e Veiga adentráronse no seu complexo mundo simbólico para amosalo no seu manto esplendente, por momentos sobrecolledor pero sempre fiel aos principios éticos que defendía”, en palabras da editora. O libro inclúe senllos textos das antólogas onde analizan os poemarios de Villalta e despexan nun marco teórico a súa pulsión creadora. Aparecen tamén pezas documentais de Luísa Villalta que axudan a comprender as raíces da súa obra. O título da antoloxía fai referencia a unha das frases da poeta coruñesa.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.