Cada lenda ten unha historia, unha orixe tan profunda e antiga que na maioría dos casos non somos quen de rastrexar. Cada lenda é un pouso decantado, vestido de adobo literario, que acumula séculos de memoria colectiva e que serviu e aínda pode que sexa útil para comprendermos mitos, ritos e crenzas que practicamos e que describen a nosa forma de ser e de entender todo canto nos rodea. Diso e de máis asuntos que irá descubrindo quen lea este libro tratan estes cento trinta relatos lendarios que percorren a provincia de Lugo de leste a oeste e de norte a sur.
Oxalá sirvan para estimular a curiosidade por descubrir novos lugares imaxinarios en cada un dos nosos arredores.
Lugo de lenda
Sé el primero en valorar “Lugo de lenda” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.