Lourenzá é “unha historia rememorativa” onde o autor, ensaísta e narrador referente na historia do galeguismo e a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas do 2023, conta “o que teño aprendido sobre o pasado da vila na que nacín e me criei. Vivencias dos días alí decorridos. Impresións sobre a paisaxe, o ambiente do lugar. Un algo tamén do que coñecín en localidades veciñas”, que a memoria revivía, nestas e noutras lembranzas, mentres unha voz amiga “soaba en min: ‘Di comigo Lourenzá e ollarás como algo rosa e branco se abala sobre a verde terra’”.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.