O idioma galego esmorece entre a mocidade e cómpre preguntarse por que. Este libro de Miguel Rodríguez Carnota quere contribuír a desvelar as causas do declive. Parte dunha tese doutoral co mesmo título e é un estudo da biografía lingüística de dez rapazas e rapaces galegofalantes no medio lingüisticamente hostil dunha vila e un instituto de Galicia. Os seus relatos, radiografados a través de técnicas de análise do discurso, sitúannos enteiramente fóra do paradigma oficial do «bilingüismo harmónico». Hai ataques, padecementos, renuncias, resistencias, pequenos triunfos e amargas derrotas onde o que menos abonda é a «cordialidade lingüística» que habitualmente se proclama como emblema de Galicia. É dicir, na práctica existe unha incomprensible oposición a querer facer do galego unha lingua tan normal coma calquera outra.
Lingua, poder e adolescencia

Editorial: Edicións Xerais de Galicia
Colección: Crónica. Linguas
Autor: Miguel Rodríguez Carnota
ISBN: 9788411100939
Edición: 1ª
Páginas: 472
24,95 €
En este momento no tenemos existencias. Inclúyalo en el carrito y se lo enviaremos lo antes posible
Sé el primero en valorar “Lingua, poder e adolescencia” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.