Fran regresa de adulto á vila de onde o desterraron de cativo. Vén a se desfacer da casa patrucial, chea de tristes recordos. Como un decorado de cartón pedra, e reserva do eco, a vila semella estar sumida nun letargo perenne. Don Tino -un carteiro e mestre represaliado polo franquismo- fixera feliz por un tempo aquel neno, pero xa todo fica no pretérito. Mais o pasado non pasa nunca e o presente continuo é unha colaxe de reencontros, de cartas e de amor.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.