Nos anos 50 do século XX o rock apareceu como un terremoto que sacudiu o mundo. Moitos pensaron que se trataba dunha moda pasaxeira, pero equivocáronse totalmente. Aquel son que impulsaron artistas como Chuck Berry, Elvis Presley e Jerry Lee Lewis puxo a xente a bailar e desatou unha tolemia colectiva que pervive ata hoxe. Mantivérona vixente artistas como The Beatles, Janis Joplin, Led Zeppelin, Ramones, Queen, Blondie, Bruce Springsteen e Joan Jett, entre moitos outros que completan estas páxinas, portas de entrada a un mundo fascinante para as novas xeracións. Ilustracións de Catuxa Alonso.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.