Oito escritoras actuais renden homenaxe a algunhas das mulleres galegas máis destacadas do período de 1916-1936 que non pasaron ás páxinas da Historia formando parte das Irmandades da Fala, como si fixeron outros compañeiros homes. Este volume xorde a partir do Proxecto Irmás, impulsado por Culturalia GZ, a entidade que comanda o escritor e activista cultural Martiño Maseda e está coordinado pola escritora e docente Beatriz Dourado. As Irmás reinvidicadas son Amalia Álvarez, Olimpia Valencia, María Luz Morales, María Miramontes, Elvira Bao, Jacinta Landa, Amparo López Jean e Teruca Bouza. Sobre elas escriben Eilún del Pazo Moa, Beatriz Dourado, Cecilia F. Santomé, Míriam Ferrandáns, Rochi Nóvoa Vázquez, Patricia Torrado Queiruga, Lupe Bao e Tamara Andrés. Con ima imaxes e unha biografía de cada unha das mulleres reivindicadas.
A capa está ilustrada por Adolfina Mesa.
Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria
Sé el primero en valorar “Irmás. Oito diálogos contra a desmemoria” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.