As páxinas do «Inventario ilustrado de flores» son un festival de colorido -e de aromas suxeridos- que, a través de 62 tipos de flores, nos leva de viaxe por todo o mundo: dende as rexións de África do Sur de onde vén a ave do paraíso, ata a illa indonesia de Sumatra de onde é orixinario o efémero aro xigante, pasando polas pradarías próximas onde medran as margaridas.
Silvestres e cultivadas, e cunha orixinal clasificación por colores para facilitar a súa localización, cada lámina presenta unha ou dúas especies de flores identificadas polo seu nome común e científico, altura e época de floración, xunto cunha breve descrición con aspectos como a súa procedencia, aplicacións medicinais e mesmo culinarias, curiosidades ou alertas sobre o seu nivel de conservación. Antes de entrar en materia, Virginie Aladjidi presenta nunha introducción as partes da flor, o seu proceso reprodutivo a través da polinización e os modos de crecemento.
Inventario ilustrado de flores (galego)
Sé el primero en valorar “Inventario ilustrado de flores (galego)” Cancelar la respuesta
Debes acceder para publicar una valoración.
Valoraciones
No hay valoraciones aún.