Inventario ilustrado das aves

Inventario ilustrado das aves

Editorial: Kalandraka Editora
Autor: Virginie Aladjidi
ISBN: 9788416721023
Edición: 1ª (novembro 2016)
Páginas: 80

18,00 

2 disponibles

Das máis de 10.000 especies de aves que hai no mundo, este libro recolle 80: dende o pingüín ao colibrí, da anduriña ao merlo, da curuxa ao pelícano…
Ademais dun pequeno vocabulario ilustrado sobre a súa morfoloxía, descríbese a plumaxe de cada especie, peculiaridades da súa alimentación, ou curiosidades sobre os seus hábitos de apareamento, entre outros detalles sorprendentes, como o chío que fan ao cantar. Tamén se achegan datos relativos ao tamaño e á envergadura media de cada ave para comparalas entre si.
Como en todos os volumes desta colección, as ilustracións son de estilo científico, representadas coa precisión dos naturalistas nos antigos cadernos de campo: perfís feitos con rotulador e con tinta chinesa, e acuarelas de fermoso colorido que ofrecen unha imaxe sutil e poética destas evocadoras criaturas

Valoraciones

No hay valoraciones aún.

Sé el primero en valorar “Inventario ilustrado das aves”